Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas, establecido na convocatoria publicada no DOG nº 205 do martes 23 de outubro de 2001, e atopándose vacantes prazas de amarre, anúnciase, de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, a apertura dunha nova convocatoria pública

para a presentación de solicitudes para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre no porto de Cangas, por período de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerán polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza Europa, 5-A, 6ª, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal, nº 37-3º, 36001 Pontevedra.

Ábrese así mesmo un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportuno relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público de Portos de Galicia