Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de febreiro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución dictada en relación co expediente ES-P-024/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado (Torneiros,IV fase, bloque 3, nº 8, baixo esquerda no Porriño), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Juan Carlos Rodríguez Monroy, a resolución sancionadora dictada polo delegado provincial da CPTOPV, con data do 4 de febreiro de 2002, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-91/504, cta. 72, que lle fora adxudicada.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

«Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador arriba citado, tendo en conta os seguintes,

Feitos:

Primeiro.-Con data do 5 de xullo de 2001, tendo en conta o resultado das actuacións previas prac

ticadas ó abeiro do disposto nos artigos 158.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial e 12 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (RP), o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, acordou o inicio do procedemento sancionador ES-P-024/2001, contra Juan Carlos Rodríguez Monroy, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-91/504, cta. 72, sita no polígono de Torneiros, IV fase, bloque 3, nº 8, baixo esquerda, no Porriño, que lle fora adxudicada en réxime de compravenda.

Segundo.-Intentada a notificación persoal do devandito acordo de inicio, esta foi devolta polo servicio de correos, polo que, consonte co sinalado no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedeuse á súa publicación no taboleiro de edictos do Concello do Porriño e no Diario Oficial de Galicia, sen que o interesado presentase alegacións, malia do prazo de quince días, outorgado para tal efecto.

Terceiro.-Con data do 28 de agosto de 2001, a instructora do procedemento acordou que se realizase unha nova visita de inspección á vivenda citada, na que se puido constata-lo que xa reflectiu nas dúas actas de inspección anteriores: a non ocupación da dita vivenda polo adxudicatario e si por outras persoas.

Cuarto.-O 5 de novembro de 2001 a instructora do procedemento propón a imposición ó inculpado, da sanción legalmente prevista no seu grao medio, como autor da infracción administrativa tipificada como grave, no artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Quinto.-Remitida a citada proposta ó interesado, esta foi devolta por ausente, polo que se procedeu á súa publicación no taboleiro de edictos do Concello do Porriño e no Diario Oficial de Galicia, sen que o interesado presentase alegacións, malia do prazo de quince días outorgados para tal efecto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-É competente para a resolución deste expediente, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda nos delegados provinciais de dita consellería (DOG nº 109, do 9 de xuño).

Segundo.-O artigo 3 do Decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real

decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre construcción, financiamento, uso, conservación e aproveitamento de vivendas de protección oficial, establece que «as vivendas de protección oficial deberán dedicarse a domicilio habitual e permanente, sen que baixo ningún concepto poidan destinarse a segunda residencia ou a calquera outro uso».

Engadindo que «existe habitualidade na ocupación da vivenda, cando non permaneza desocupada máis de tres meses seguidos ó ano, salvo que medie xusta causa».

Terceiro.-Os indicados feitos responden á infracción administrativa tipificada no artigo 5.c) da Lei 13/1996, de infraccións en materia de vivenda, segundo o cal:

«Terán a cualificación de infraccións graves:

c) Non destina-las vivendas de protección oficial ou aquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas, sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses».

Cuarto.-Considérase responsable, en concepto de autor, a Juan Carlos Rodríguez Monroy, como adxudicatario da vivenda referenciada, podéndolle corresponder, consonte co artigo 7.1º b) da mencionada lei a sanción de multa desde 601,02 a 3.005,06 A.

Quinto.-De acordo coa proposta do órgano instructor e tendo en conta o principio de proporcionalidade que segundo os artigos 131 da Lei 30/1992 e 7.3º da Lei 13/1996, informan o exercicio da potestade sancionadora, procede impoñe-la sanción legalmente prevista no seu grao medio.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Impoñer a Juan Carlos Rodríguez Monroy a sanción de mil cincocentos dous con cincuenta e tres euros (1.502,53 A) por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada, identificada como expediente PO-91/504, cta. 72.

O importe da sanción imposta pola presente resolución deberá ser ingresada na conta Tesouro Facenda galega -conta restrinxida do IGVS- recadación de multas e sancións nº 2091-0388-99-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior, as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non cumprirse esta resolución en tódolos seus termos poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas no artigo 13 da Lei 13/1996.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992. Pontevedra, 4 de febreiro de 2002. Delegado provincial de Pontevedra. José Manuel Iglesias Carrera».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 28 de febreiro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/504, cta.: 72 (ES-P-024/2001).

Nome: Juan Carlos Rodríguez Monroy.

Último enderezo coñecido: Torneiros, IV fase, bloque 3, nº 8, baixo esquerda, O Porriño.

Intentos de notificación persoal: o 7-2-2002 ás 12.30 horas e o 11-2-2002 ás 14 horas.