Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución dun expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-81/050, conta 76).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

A dita resolución ordena o lanzamento de Mª José Blanco Cristóbal e Luis Mestre González da vivenda que ocupan, sita en Ferrol; c/ Fernando VI, bloque 2, P-1, 7º D (expediente C-81/050, conta 76), outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por un funcionario, nomeado para o efecto polo director xeral do IGVS, coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos de Administración, e con auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 4 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 13/00 (ocupación s/título).

Expedientados: Mª José Blanco Cristóbal e Luis Mestre González.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-1, 7º D (Ferrol).

(Expediente C-81/050, conta 76).