Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se lle notifica a resolución de contrato por falta de pagamento da vivenda (con solicitude de regularización) ó debedor que se relaciona (expediente C-40-IV/76, conta 177).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan.

A resolución firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 4 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Ramón Barrul Dual e herdeiros.

Expediente C-40-IV/76 (desafiuzamento F.P. 116/01).

Conta 177.

Polígono Elviña II fase, bloque 17, P-1, 1º A (A Coruña).

Importe débeda: 17.649,34 euros.