Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acor

da dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

Adquisición do equipamento electromédico auxiliar de endoscopias con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-38/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento electromédico auxiliar de endoscopias.

c) Lote: 4 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 17 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: once millóns setecentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (11.750.000 pesetas, IVE incluído). 70.618,92 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: sistema de desinfección.

a) Data: 22 de novembro de 2001.

b) Contratista: Air Liquide Medicinal, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: oito millóns cen mil pesetas, IVE incluído (8.100.000 pesetas, IVE incluído). (48.681,98 euros).

Lote nº 2: electrobisturí baixa potencia.

a) Data: 23 de novembro de 2001.

b) Contratista: S.T. Endoscopia, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: un millón setecentas sesenta mil pesetas, IVE incluído (1.760.000 pesetas, IVE incluído). (10.577,81 euros).

Lote nº 3: armarios almacenaxe endoscópicos.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Sistemas Técnicos Endoscópicos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: un millón de pesetas, IVE incluído (1.000.000 de pesetas, IVE incluído). (6.010,12 euros).

Lote nº 4: desfibrilador.

a) Data: 23 de novembro de 2001.

b) Contratista: Hamilton Medical España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: oitocentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (850.000 pesetas, IVE incluído). (5.108,60 euros).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos