Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

Adquisición do equipamento de torres de endoscopia con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-37/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de torres de endoscopia.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 17 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns cen mil pesetas, IVE incluído (37.100.000 pesetas, IVE incluído). 222.975,49 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: torre de ecoendoscopia.

Lote nº 2: accesorios de endoscopia.

Lote nº 2: torre de endoscopia.

a) Data : 23 de novembro de 2001.

b) Contratista: Medical Europa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e sete millóns cen mil pesetas, IVE incluido (37.100.000 pesetas, IVE incluído). (222.975,49 euros).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos