Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO da adxudicación do contrato para reforma de Villa Lucinda para sede da policía local.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Culleredo. Rúa Concello, nº 12, municipio de Culleredo; código postal 15189. Teléfono: 981 67 77 77, fax: 981 67 76 46.

b) Dependencia que tramita o expediente: Gabinete da Alcaldía-Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras para a reforma de Villa Lucinda para sede da policía local.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

-DOG nº 209 (29-10-2001).

-BOP nº 252 (3-11-2001).

-DOG nº 222 (16-11-2001) corrección de erros.

-BOP nº 276 (1-12-2001) corrección de erros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 119.795,42 euros (19.932.281 pesetas).

5. Adxudicación.

Por resolución da concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación, con data do 14 de xaneiro de 2002, e por proposta da Mesa Xeral de Contratación, declárase deserto o concurso e iníciase un procedemento negociado de conformidade co establecido no artigo 141 a) do TRLCAP, do que resulta adxudicataria a empresa Terrauga, S.L.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do TRLCAP.

Culleredo, 8 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13

de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación