Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO da aprobación definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias municipais: recualificación de solo no lugar da Perfolla.

O Pleno do Concello, en sesión do 26 de marzo de 2002, adoptou o acordo seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias municipais, recualificación de solo no lugar da Perfolla.

Segundo.-Publicar este acordo no DOG e no BOP, incluíndo neste último a definición da modificación efectuada de recualificación do espacio situado no lugar da Perfolla, destinado a equipamento dentro do solo urbano, para dar cumprimento ó disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

Terceiro.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia do expediente administrativo e de dous exemplares dilixenciados do documento aprobado, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o expresado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa última publicación (no BOP ou no DOG), se ben, previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante

o Pleno do Concello no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación, ou de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición da reposición.

As Pontes de García Rodríguez, 27 de marzo de 2002.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde