Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso do servicio de telefonía fixa do Concello de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: descripción: servicio de telefonía fixa. Prazo: dous anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinario, aberto e concurso.

4. Garantía: definitiva: 1.000 euros.

5. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación (Praza de España, s/n 36071 Pontevedra), no prazo de vinteseis (26) días naturais a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

6. Presentación de ofertas: a) Data límite: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 11ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do Concello de Pontevedra.

7. Apertura das ofertas: o luns seguinte hábil ó de terminación do prazo ás 9 horas.

8. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os contidos na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos: serán de conta do adxudicatario os recollidos na cláusula 21ª do prego.

Pontevedra, 21 de marzo de 2002.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral