Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.538

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (676/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 676/2001, seguidos pola instancia de Wilson Manuel Fabián Ruiz, contra Reformas Caxigueira, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 21-2-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Wilson Manuel Fabián Ruiz, contra a empresa Reformas Caxigueira, S.L., debo condenar e condeno a dita

demandada a que faga o pagamento ó actor da cantidade de 247.253 pesetas (1.486,02 euros), coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen perxuízo da responsabilidade subsidiaria que poidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Reformas Caxigueira, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Pol. Bergondo, r/ Parroquia de Rois, H-2, Bergondo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado