Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.538

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (591/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 591/2001, seguidos por instancia de Laura María Vila Rebolo, contra Obraserg, E.C., S.L. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 28-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Laura María Vila Rebolo, contra a empresa Obraserg E.C., S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á actora da suma de 284.869 pesetas (1.712,10 euros).

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Obraserg E.C., S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. do Concello, 54, baixo, Agolada, Pontevedra, e que na acutalidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado