Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/24).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. cruzamento Ría Xubia-Neda.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con con

ductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 660 m de lonxitude, con orixe na liña aérea que alimenta os CC.TT. Narón estrada, Ribeira, A Igrexa e C. Arzúa, e final na mesma liña pasado o C.T. Ribeira que cambia de situación. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensión de 15/0,380-0,220 kV en Ribeira. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña