Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/11-2, 5789 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Torre Frontón.

Situación: Pantón.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 1.762 km, con orixe no apoio nº 34 de L.M.T. Os Peares-Monforte conductor tipo LA-56 e final en L.M.T. derivación a C.T. de Frontón. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 0,043 km, con orixe no apoio nº 6 de L.M.T. Torre-Frontón conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Torre. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 0,518 km, con orixe no apoio nº 15 de L.M.T. Torre-Frontón conductor tipo LA-56 e final en L.M.T. derivación a C.T. de Frontón. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,99 km, con orixe no C.T. Torre, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo