Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de decretos do día 22 de marzo de 2002, aprobou inicialmente os proxectos que conteñen modificacións puntuais do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Zona Antiga presentados pola oficina municipal de rehabilitación da zona histórica de Viveiro consistente en agrupación de parcelas, utilización de cores en fachadas, portas de acceso a vivendas e portais, colocación de reixas, descatalogación do inmoble sito na rúa Díaz Freijo nº 8 e modificación do plan especial en Xunqueira na antiga fábrica de curtidos, segundo os proxectos asinados pola arquitecta Nuria Campos Díaz.

A aprobación inicial das ditas modificacións no Pepri determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto do plan para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que estimen oportunas.

Viveiro, 25 de marzo de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde