Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración de equipamento informático con destino á Deputación Provincial da Coruña (2002). (Expediente 02/2400 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de

equipos informáticos destinados a postos de traballo da deputación.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de vixencia: un ano.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 142.909 euros, desagregado en 8 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: a) Polo que se refire ó contrato de determinación de tipo, o órgano de contratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva. b) Polo que se refire ás subministracións específicas, o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horasm dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 26 de marzo de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña