Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.556

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Obxecto: subministración e instalación dun sistema de distribución de tráfico de voz e datos no

novo edificio da CRTVG en San Marcos, Santiago de Compostela (exp. 20323C).

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en datas e horas de oficina (de 8 a 14 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55) sito no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitadas no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente Económico-Administrativo