Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.556

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

POXA de armas.

Ás 9 horas do 23 de marzo de 2002 terá lugar na Comandancia da Garda Civil da Coruña-Lonzas-San Cristovo, a poxa de armas composta de 748 lotes de armas, entre escopetas, carabinas, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 15, 18, 20, 21 e 22 de marzo das 9 ás 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega concluirá ás 13 horas do 22 de marzo. Poderán concorre-las persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2002.

José Furelos Mogo

Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil

da Coruña