Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 124/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de xoiería artística, correspondente á familia profesional de xoiería de arte, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo cuarto, que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa un dobre reparto competencial, polo que se atribúe por unha parte ó Goberno a fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en xoiería artística polo Real decreto 1297/1995, do 21 de xullo, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso o currículo inclúe ademais dos coñecementos académicos vinculados á ensinanza máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos mozos e mozas á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos

cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas, nin por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, debe ser medido con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado, ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, o presente decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo

que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. O presente decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de xoiería artística, pertencente á familia de xoiería de arte, correspondente ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en xoiería artística, de acordo co establecido no punto 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1297/1995, do 21 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de xoiería artística o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de xoiería artística son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire o presente decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo do presente decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto no presente decreto, o concepto «módulo» considerarase equivalente ós termos «materia teórica», «materia teórico-práctica» e «clases prácticas» a que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura a ensinanza impartida no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo do presente decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de xoiería artística mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4 do anexo do presente decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, na promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño en xoiería artística.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.875 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Proxectar obxectos artísticos de xoiería desenvolvendo o traballo de acordo cos condicionantes que requira a súa fabricación, atendendo a tendencias de mercado e empresariais.

2.2. Capacidades profesionais:

* Realizar obras que posúan rigor técnico e sensibilidade expresiva, a través do desenvolvemento da súa personalidade artística, as súas facultades e a súa cultura plástica.

* Interpretar e realizar proxectos de profesionais de niveis superiores.

* Realiza-lo seu traballo de forma autónoma, empregando dun modo axeitado a información recibida e coa iniciativa necesaria que requira o seu caso.

* Coordina-los aspectos técnicos e artísticos ó longo do proceso de realización.

* Aplica-las características físicas e tecnolóxicas máis relevantes dos materiais que se utilicen, así como os procesos tecnolóxicos inherentes á súa actividade artístico-profesional.

* Desenvolve-la capacidade de investigación de formas cun enfoque pluridisciplinar.

* Describi-los aspectos organizativos, económicos e xurídicos que inciden nas relacións laborais e no ámbito empresarial orientados á súa incorporación ó sector profesional, xa sexa como profesional autónomo ou xa asalariado.

2.3. Tarefas máis significativas:

As súas tarefas serán:

* Elaborar proxectos de pezas ou elementos de xoiería de creación ou de interpretación.

-Prepara-la información técnica de realización: información bibliográfica e documentación técnica base do traballo.

-Estudia-los materiais para empregar (materias primas ou manufacturadas), en función de calidades e prezos, así como a introducción de novos materiais.

-Escolle-la técnica e o sistema de representación máis axeitados.

-Realizar practicamente o proxecto. Debuxar planos de conxuntos e despezamentos con indicación dos grafismos correspondentes a mecanizados e tratamentos de superficies.

-Estudia-los procesos e métodos de traballo máis idóneos para a fabricación dos obxectos e determinar se a peza vai ser única ou seriada.

-Realizar orzamentos avaliando custos de fabricación, man de obra, materiais e, finalmente, en función destes, o beneficio que se obtén.

-Estudia-la viabilidade do producto, promoción no mercado e normativas que o afectan, así como realizar estudios para o lanzamento de novos productos, tendo en conta a moda e as características do posible consumidor.

* Elaborar pezas ou elementos proxectados.

-Realizar maquetas dos obxectos ou pezas mediante as técnicas directas e indirectas (tradicionais e novas) propias da ourivería.

-Realizar ou dirixi-la fabricación da peza única ou prototipos para a súa seriación, dominando as técnicas de traballo dos metais e as súas aliaxes e tamén do resto de materiais empregados, tradicionais ou non, e as máquinas e ferramentas do obradoiro.

-Operar correctamente coas técnicas básicas de trazado, serradura e caladura, limadura, afiadura, tradeadura, pulidura, pregadura, recocedura, fresado, etc.

-Operar correctamente coas técnicas específicas de fundición, estiramento ou laminación, aplanamento, embutidura, cicelado, repuxado, engaste (montaxes básicas: cabuxón, de garras, etc.), gravado, incrustación, técnicas de acabado (chapado, oxidación, etc.), técnicas de reproducción (moldes e máquinas de copia), microfusión, esmaltación, talla de acibeches, etc.

-Valorar dun modo axeitado os aspectos materiais, técnicos, económicos e organizativos dos traballos dominando o campo das xoias e xemas naturais e artificiais dun modo completo.

2.4. Campo profesional:

O campo profesional abrangue tódolos sectores económicos, desde a grande á pequena empresa, con extensión ó taller artesanal, xa que este profesional poderá desenvolve-las súas funcións tanto por conta allea como por conta propia.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Valorar dun modo axeitado as necesidades presentes na proposta de traballo e os aspectos plásticos,

artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto e selecciona-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para lograr un bo resultado.

* Emprega-las diferentes técnicas de realización da xoiería artística e analizar e resolve-los problemas artísticos e técnicos que se presenten durante o proceso de realización.

* Manexar tecnicamente o material e as máquinas utilizadas no traballo, e organiza-las medidas para o seu mantemento periódico.

* Analizar e defini-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona esta actividade profesional.

* Emprega-las medidas preventivas para que os procesos de realización usados non incidan negativamente no ambiente.

* Distingui-la historia e estilos da xoiería e investiga-las formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados coa xoiería.

* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación artístico-técnica para a formación e adestramento dos profesionais do sector.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade que lle permitan desenvolve-la súa capacidade de autoaprendizaxe para evolucionar axeitadamente nesta profesión.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: historia da ourivería, xoiería e bixutería:

Capacidades terminais

* Describi-los coñecementos técnicos e os conceptos históricos e artísticos que son propios da linguaxe das artes plásticas e os específicos da especialidade de xoiería e ourivería.

* Analiza-los valores plásticos, ornamentais e cromáticos nas pezas de xoiería e ourivería, e ter en conta os factores de diversa índole: económicos, sociais, etc.

* Analiza-las tendencias da plástica e do deseño actuais a través do estudio evolutivo da arte da xoiería e da ourivería.

* Elaborar proxectos que relacionen o estudio teórico dos procesos histórico-artísticos coa execución de actividades concretas.

Contidos

* A ourivería: concepto tradicional e moderno. Compoñentes técnicos e artísticos. Técnicas estructurais e ornamentais. A forma, a decoración e a cor como valores expresivos. Valor intrínseco, simbólico, máxico, de xerarquía, etc. dos materiais.

* Contorno en que aparecen as primeiras manifestacións de ourivería e o seu valor simbólico. O mundo antigo: realizacións e conceptos propios de Oriente e o ámbito mediterráneo. Ideais da plástica do clasicismo e do helenismo e a súa aplicación ós metais preciosos; evolución das técnicas e ornamentacións de Grecia e Roma. Ámbito non clásico, transmisores de influencias: pobos das estepas, fenicios. Os celtas e península ibérica.

* Repertorios iconográficos cristiáns e esquemas decorativos orientais: a súa transcendencia para a ourivería europea. Caracteres distintivos das pezas de ourive nas realizacións e os estilos da alta idade media. Do taller monástico ó gremio. Evolución económica e social e a súa repercusión nas industrias artísticas do luxo. Tendencias rexionais e aspectos destacados da ourivería gótica. Punzóns e marcas. Achegas iconográficas ó coñecemento das pezas medievais.

* Conceptos de harmonía e proporción na plástica do renacemento e a súa aplicación á ourivería e á xoiería. Os grandes mecenas e a súa influencia. Valores ornamentais e plásticos da ourivería italiana: a súa difusión e contraposición coas produccións da Europa nórdica. Escolas e grandes ourives europeos. Peculiaridades das realizacións españolas. Xoiería e moda: fontes iconográficas.

* A consagración da obra civil na ourivería de barroco e rococó e o comezo da «era da pratería». Publicacións para ourives e xoieiros. Valoración de formas, técnicas e ornamentación e do proceso evolutivo cara ó rococó. A influencia francesa sobre as escolas europeas; novos materiais achegados por Inglaterra; a producción americana.

* O novo clasicismo: a paixón arqueolóxica e a súa expresión na ourivería e a xoiería. Consecuencias da revolución francesa e do industrialismo; as tendencias eclécticas nos productos de ourive e a súa divulgación social gracias ás novas técnicas industriais. A ourivería anglosaxona. Difusión dos materiais «non preciosos»: a bixutería. A fin de século: reivindicacións do artesanal e tendencias renovadoras. Grandes firmas comerciais.

* Valores plásticos e ornamentais do art nouveau: a renovación de materiais e técnicas a través dos seus grandes creadores. Achegas e novas teorías estéticas derivadas do deseño e as súas consecuencias. O período de entreguerras: consecuencias para a ourivería do «estilo Bauhaus» e das tendencias do art decó.

* A estética posterior á Segunda Guerra Mundial: producción industrial e producción artesanal. As achegas dos grandes artistas contemporáneos á creación de pezas de ourive. O deseño industrial e o deseño de ourivería, xoiería e bixutería: creadores, realizadores e manifestacións representativas. A ourivería e a xoiería popular: sinopse histórica e situación actual.

* Selección e interpretación de información, explícita e implícita, a partir de diversas fontes: escritas, visuais, obras de arte, orais, etc.

* Interpretación das impresións artísticas: valores plásticos, ornamentais e cromáticos, e análise dos factores de diversa índole (económicos, sociais e espacio temporais).

* Análise obxectiva e científica da linguaxe plástica, estructural, ornamental e das técnicas e materiais empregados nas pezas de ourivería e xoiería.

* Análise e comparación de procesos de evolución histórica da arte da xoiería, a ourivería e a plástica contemporánea.

* Planificación e realización de traballos de síntese ou investigacións sinxelas utilizando fontes primarias ou secundarias de distinto tipo.

* Rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de información históricas e actuais.

* Valoración crítica das tendencias da plástica e do deseño actuais, a través do estudio evolutivo da arte da xoiería e a ourivería.

* Valoración, respecto e goce da diversidade e da riqueza do patrimonio histórico artístico.

* Interese en manexar e ter coñecementos bibliográficos que lle permitan investigar e documentarse na súa posterior actividade profesional.

Criterios de avaliación

* Explicar de forma razoada, obxectiva e científica a linguaxe plástica, estructural e ornamental, as técnicas e os materiais empregados nas pezas de xoiería e ourivería.

* Apreciar nas pezas de xoiería e ourivería os valores plásticos, ornamentais e cromáticos, así como os factores de diversa índole: económicos, sociais, espacio-temporais, etc.

* Relaciona-la evolución histórica da arte da xoiería, da ourivería e da plástica contemporánea.

* Describi-las pezas co vocabulario e a terminoloxía específicos da xoiería e das artes relacionadas con ela.

* Valora-lo uso de bibliografía específica da xoiería e a ourivería.

3.2.2. Módulo 2: debuxo artístico e cor:

Capacidades terminais

* Representar no papel obxectos xeométricos tridimensionais por medio das vistas e perspectivas.

* Representar no papel obxectos tridimensionais do contorno.

* Aplicar correctamente as diferentes técnicas de expresión gráfica sobre distintos soportes propios do debuxo.

* Aplica-los principios de ergonomía, antropometría e biónica no deseño de obxectos.

* Realizar deseños de obxectos propios da especialidade, en cor, tendo en conta os principios de composición e da teoría da cor, así como o comportamento da cor sobre os distintos materiais con que se vai fabrica-lo obxecto.

Contidos

* Concepto de proxectación e linguaxe gráfica bidimensional.

* A forma tridimensional. A súa estructura e representación sobre o plano.

* A composición. A súa expresividade na ordenación do espacio. Relacións das partes co todo.

* A cor. A súa aplicación informativa e expresiva.

* As formas da natureza. O mundo orgánico. Xénese e estructuras. Abstracción.

* A figura humana e a súa relación coas formas do seu contorno. Nocións de ergonomía, antropometría e biónica.

* O deseño do obxecto artístico-artesanal e a súa expresión gráfica.

Criterios de avaliación

* Comprensión de conceptos.

* O grao de achega persoal e de investigación desenvolvido no traballo proposto.

* Sensibilidade artística.

* Capacidade creativa

* Solucións técnicas de representación gráfica.

* Presentación correcta do traballo.

3.2.3. Módulo 3: modelado e maquetismo:

Capacidades terminais

* Manexo correcto dos instrumentos, as técnicas e os procedementos con calidade expresiva.

* Realizar composicións figurativas representando no espacio os diferentes elementos gráfico-plásticos, con fins descritivos e expresivos.

* Realizar composicións simétricas e asimétricas, estáticas e dinámicas, tendo en conta os conceptos de equilibrio, proporción, escala e ritmo.

Contidos

* Materiais, características e aplicacións.

-Materiais plásticos: plastilina, cera, etc.

-Moldes: ríxidos e flexibles.

-Prototipos. Realización en diferentes materiais.

* Composición: elementos do deseño.

-Elementos conceptuais, visuais, de relación e prácticos.

* A composición de formas bidimensionais e tridimensionais.

-O relevo.

-Vulto redondo.

* A composición de formas naturais.

-A ornamentación a través dos diferentes estilos artísticos.

-Selección e utilización de materiais e procedementos para a realización de prototipos.

* Realización de relevos e figuras exentas, aplicando correctamente a valoración de masas.

* Selección e utilización de elementos ornamentais para realizar prototipos de xoiería.

* Interese por adquirir destreza no emprego dos diversos materiais e instrumentos, valorando os aspectos e calidades que achegan a calquera expresión plástica.

* Hábito de coidar e conserva-los instrumentos de traballo, o material da aula e os espacios.

Criterios de avaliación

* Utilizar correctamente os materiais, técnicas e procedementos diversos, aplicados a pezas ou prototipos propios da especialidade.

* Valoración das imaxes de maneira crítica e interese por analiza-los diferentes elementos do deseño contidos na súa composición.

* Valorar e aprecia-lo volume como algo cambiante dependendo da luz, situación, punto de vista.

* Receptividade e sensibilidade ante os elementos ornamentais e o ritmo da natureza e valoración destes como elementos fundamentais nas obras artísticas.

* Interese por coñece-los distintos estilos artísticos, as súas funcións expresivas, valorando os elementos creativos e innovadores das tendencias actuais.

* Empregar correctamente as masas nos relevos-vulto redondo.

3.2.4. Módulo 4: debuxo técnico:

Capacidades terminais

* Manexar correctamente os materiais de debuxo e utilizar adecuadamente as correspondentes técnicas gráfico-plásticas relacionadas co debuxo técnico.

* Realizar representacións gráficas de obxectos, empregando adecuadamente os distintos sistemas.

* Selecciona-lo sistema máis idóneo para o tipo de obxecto que se vai representar.

* Realizar trazados básicos empregando ferramentas informáticas.

* Aplica-los trazados xeométricos básicos a deseños da especialidade.

* Realizar bosquexos de pezas tridimensionais segundo a normativización, en canto a formatos de papel, vistas, seccións, rotulacións, acotacións, etc.

* Interpretar adecuadamente planos técnicos da especialidade no que respecta á normalización e ós sistemas de representación.

Contidos

* Instrumental de debuxo técnico.

-Regras, escuadro, compases, etc.

-Lapis, estilógrafo, etc.

-Papeis: tipos e usos.

-Transferible e copias (fotocopias e reprografía).

-Informática: introducción ós programas de CAD.

-Realización de trazados básicos cos materiais e instrumentos tradicionais e con soporte informático.

-Emprego de transferibles e sistemas de copias.

* Relacións de proporción e escala.

-Proporción.

-Relacións métrica e escalas.

-Construcción e utilización de escalas.

* Xeometría plana e espacial.

-Ángulos da circunferencia.

-Triángulos (tipoloxía).

-Construcción de polígonos (método xeral).

-Construcción de curvas (óvalo, ovoide e cónicas).

-Tanxencias e tanxencias por polaridade.

-Operacións topolóxicas no plano.

-Simetrías, xiros, semellanzas.

-Análise dos elementos espacial.

-Redes e mallas, planas e espaciais.

-Trazado (á man e por ordenador) de ángulos e construcción de triángulos.

-Trazado (ídem) de polígonos regulares.

-Trazado (ídem) de curvas cónicas e planas.

-Trazado (ídem) de tanxencias.

-Transformacións xeométricas do plano: trazado de simetrías, xiros e semellanzas.

-Trazado de redes e mallas planas e espaciais.

* Códigos de representación e normalización.

-A normalización como representación simbólica, esquemática ou figurativa.

-Códigos de normalización. Normas fundamentais DIN, UNE e ISO.

-Normas de anotación.

-O esbozo (vistas, seccións e roturas).

-Rotulación.

-Execución de anotacións e rotulacións á man, normalizadas con modelo e mediante ordenador sobre elementos do taller.

-Esbozo de elemento do taller.

* Sistemas de representación: o sistema diédrico (tradicional e por ordenador).

-Fundamentos e características deste sistema de representación.

-Proxección.

-Sección e intersección.

-Desenvolvemento de corpos.

-A homoloxía e afinidade.

-Representación do punto, a recta e o plano (tipos de planos e rectas notables do plano).

-Representación de sólidos poliédricos.

-Construcción e análise gráfica das figuras básicas (tetraedro, hexaedro, octaedro).

-Seccións e interseccións de corpos e os seus desenvolvementos.

-Resolución de paralelismos, perpendicularidade.

-Cálculo de magnitudes verdadeiras.

* Sistemas de representación: o sistema de proxección cilíndrico axonométrico (á man e por ordenador).

-Fundamentos e características deste sistema.

-Axonometría ortogonal: isométrico e dimétrico.

-Axonometría oblicua: perspectiva cabaleira e militar.

-Representación do punto, a recta e o plano.

-Representación de sólidos poliédricos.

-Resolución de paralelismo, perpendicularidade e outros problemas de incidencia.

* Sistemas de representación: o sistema cónico.

-Denominación da perspectiva cónica e os seus sistemas. Fundamentos e características.

-Proxección (sistema convencional de trazado).

-Trazado directo.

-Orixe histórica dos trazados.

-Representación de sólidos poliédricos.

-Resolución de paralelismo, perpendicularidade e outros problemas de incidencia.

-Análise e comparación de perspectivas naturais.

* Os sistemas proxectivos na expresión artístico-plástica.

-Os sistemas de representación gráfica na historia. Historia da perspectiva.

-A cor no debuxo técnico.

-A xeometría na arte (Euclides, Vitruvio, Durero, Leonardo, etc).

-Aplicación dos coñecementos sobre exemplos históricos.

-Aplicación da cor a debuxos.

* Disposición favorable no emprego dos materiais e instrumentos tradicionais e informáticos.

Criterios de avaliación

* Debuxar obxectos cos sistemas de representación máis idóneos.

* Escolle-lo tipo de sección máis esencial nunha peza ou elemento dado.

* Descompoñer un obxecto nas súas estructuras fundamentais.

* Trasladar ó plano unha idea de acordo coas convencións do debuxo técnico.

* Representar con distintos sistemas de proxección unha figura xeométrica nunha determinada posición.

* Usar con propiedade as técnicas básicas do debuxo técnico.

* Representar de maneira clara e precisa esbozos, acotacións, seccións, rotulacións, etc.

* Incorporar nun debuxo técnico a simboloxía máis axeitada.

* Redacta-la memoria descritiva básica utilizando os códigos e o léxico da especialidade.

3.2.5. Módulo 5: proxectos de xoiería:

Capacidades terminais

* Aplica-la metodoloxía de traballo e o desenvolvemento das pautas específicas para o deseño de obxectos de xoiería.

* Aplica-las destrezas manuais e manexar correctamente as técnicas de representación.

* Realizar deseños das pezas (broches ou colgantes, pulseiras de módulos, pulseiras ríxidas ou semirríxidas, pendentes, sortellas, colares, aderezos e outras xoias ou pezas) utilizando as técnicas axeitadas.

Contidos

* O deseño.

-A comunicación visual. O proceso de comunicación. Códigos visuais.

-O deseño: clases, procesos e factores.

-Factores no deseño de xoiería.

-A creatividade.

-Experimentación con signos de comunicación e linguaxes utilizando mensaxes visuais.

-Busca de documentación sobre exemplos prácticos dos procesos habituais no deseño.

-Aplicación das técnicas /métodos de creatividade na creación de bosquexos de xoias.

* Fases do proxecto.

-Fases do proxecto: documentación, bosquexos, debuxos técnicos e artísticos, e modos de presentación.

-Reunión de proxectos de xoiería onde aparezan as fases e estudio práctico delas.

-Execución de tódalas fases en cada proxecto que se realice.

-Análise dos métodos de traballo máis axeitados para a realización de xoias, orzamentos e viabilidade no mercado.

* A forma.

-A percepción e o campo visual. Relación figura-fondo.

-Formas bidimensionais.

-Formas tridimensionais.

-Texturas naturais e artificiais.

-Transformación e crecemento das formas.

-Experimentación con texturas creadas directamente sobre materiais e con instrumentos.

-Trazado da forma como punto, como liña e como plano. Retículos.

-Análise das formas naturais (orgánicas).

-Divisións internas das formas xeométricas básicas (círculo, cadrado e triángulo).

-Experimentación con formas positivas e negativas.

-Formación de figuras pola unión de formas básica.

-Execución de secuencias de transformacións das formas básicas e tamén de formacións.

* A estructura.

-Estructuras xeométricas e orgánicas.

-Módulos. Tipos de repetición (forma, tamaño, cor, textura...) e variación.

-Composición.

-Proporción.

-Simetría (especular axial, central e radiada).

-Ritmo (uniforme, binario, crecente, radial, etc.).

-Modulación de espacios, debuxando desde estructura sinxelas ás máis complexas.

-Experimentación con estructuras de repetición.

-Construcción de corpos modulados en tres dimensións.

-Creación de composicións con simetrías, diferentes ritmos, etc.

* As dimensións.

-Antropometría.

-Ergonomía.

* Técnicas de representación.

-As técnicas tradicionais de debuxo (artístico e técnico): lapis e outros medios con punta, plumas e tinta.

-Técnicas da cor: acuarela, gouache, acrílicos, aerógrafo, etc.

-Técnicas de deseño asistido (programas de deseño e CAD).

-Modelado e rederizado por ordenador.

-Técnicas fotográficas e visuais (vídeo).

-Multimedia.

-Manexo das técnicas e programas básicos para realiza-los proxectos.

-Execución ou trazado dos proxectos coas técnicas tradicionais ou modernas.

-Integración axeitada das novas técnicas na disciplina tradicional de realización de proxectos.

* Proxectos de xoias.

* Valoración do deseño en xeral e aplicado, os seus contidos, e a súa importancia na producción artesanal e industrial.

Criterios de avaliación

* Aplicar correctamente os conceptos fundamentais e metodoloxía do deseño.

* Manexar correctamente os instrumentos do deseño: tradicionais e novos.

* Demostra-la capacidade crítica e de análise cara ó obxecto deseñado.

* Aplica-los sistemas idóneos para a representación e desenvolvemento do proxecto.

* Demostra-la calidade e a correcta presentación do traballo realizado.

* Mostra-las posibilidades reais de fabricación das pezas ou elementos proxectados.

* Demostrar capacidade creativa e de investigación, así como sensibilidade artística no traballo/proxecto.

3.2.6. Módulo 6: taller de xoiería:

Capacidades terminais

* Manexa-las ferramentas, utensilios e máquinas de aplicación nas diferentes técnicas de engaste, recocido e rebañado, estiradura e laminación de chapas, embutidura e talla e baños de terminación.

* Destrezas manuais no manexo dos instrumentos e materiais necesarios para o desenvolvemento dos traballos de engaste, recocedura e rebañado, estiramento e laminación de chapas, embutidura e talla e baños de terminación.

Contidos

* O taller: utensilios, máquinas e ferramentas.

* Soldaduras.

* Comprobación da maleabilidade e ductilidade dos metais mediante distintas prácticas.

* Realización de diferentes aliaxes de soldaduras brandas e duras.

* A decoración nas xoias: texturas, cicelado e gravado.

* O acibeche: a súa función material e estética no deseño de xoiería: corte, talla, acabado e pulidura.

* O engaste. Elementos para o engaste.

* Realización de distintos tipos de engaste: con grao, en chatón, en garras e en carril.

* Realización de prácticas de engaste coa pedra fóra e coa pedra dentro.

* Recorte de pezas con distintos tipos de calado.

* Prácticas de recocedura e rebañado.

* Realización de estiramento e laminación de chapa e fío.

* Realización de traballos nos que interveña a filigrana e fío rizado, e outros nos que haxa que realizar cadeas e descrición das súas distintas posibilidades.

* Realización de distintos tipos de cerramentos adaptados ós distintos modelos de xoias.

* Realización de exercicios de embutidura e talla.

* Realización de baños como exercicio de terminación.

* Realización de acibeches que se adapten ó modelo realizado.

* Realización de exercicios de iniciación ó gravado artístico.

* Realización de modelos para a súa reproducción en microfusión.

Criterios de avaliación

* Aplicar correctamente os utensilios, máquinas e ferramentas.

* Realiza-los diferentes procesos de fabricación de pezas de xoiería aplicando o máis adecuado a cada deseño.

* Realizar correctamente os procesos de acabado e ornamentación das pezas de xoiería segundo as súas diferentes aplicacións.

* Realizar tipos de engaste aplicando as técnicas de engaste máis adecuadas segundo os casos.

* Demostrar creatividade e sentido artístico no traballo.

3.2.7. Módulo 7: tecnoloxía e microfusión:

Capacidades terminais

* Aplicación dos materiais a tecnoloxía dos procesos, máquinas, ferramentas e técnicas propias da especialidade.

* Aplica-la microfusión coas destrezas manuais necesarias.

* Manexo da maquinaria de microfusión coa destreza necesaria.

Contidos

* Elementos, materiais e medios que hai que utilizar nos talleres do xoieiro.

* Os metais nobres: as súas aliaxes e leis. Estructura e propiedades.

* As soldaduras.

* Técnicas de xoiería: embutidura, gravado, estampación, cicelado, repuxado e pulidura.

* Técnicas especiais: esmalte e engaste.

* Baños: a súa utilidade en xoiería.

* Datos e normas sobre a elaboración de orzamentos.

* Técnicas e procesos de microfusión:

-Tipos de moldes.

-Ceras.

-Temperaturas.

-Composición das coadas.

-Proceso de fundición.

* Sistemas e dispositivos informáticos.

* Automatización e control de procesos.

* Cálculos de distintos tipos de aliaxes segundo as leis vixentes.

* Recoñecemento, en diferentes traballos, das distintas técnicas que se empregaron para a súa realización.

* Realización de distintos exercicios de cálculo segundo as distintas soldaduras.

* Realización de orzamentos segundo diferentes supostos elaborados para iso.

* Realización de distintos traballos de reproducción en microfusión.

* Realización de distintos moldes con diferentes graos de dificultade.

* Experimentación co inxector de ceras.

* Realización de coadas.

* Valoración da importancia das diferentes técnicas para conseguir un maior resultado estético na realización dos proxectos.

Criterios de avaliación

* Defini-las propiedades dos materiais en relación coa súa aplicación.

* Realizar correctamente o cálculo aplicado.

* Expresar teoricamente os procesos de fabricación e acabado, as súas características e aplicacións.

* Utilizar correctamente as distintas máquinas e técnicas de microfusión.

3.2.8. Módulo 8: xemoloxía:

Capacidades terminais

* Analiza-las características técnicas e aplicacións artesás e industriais de xemas e pedras ornamentais.

* Analiza-las principais características e propiedades de: diamante, rubí, zafiro, esmeralda e augamariña.

* Análise mediante técnicas de recoñecemento directo do diamante e das súas imitacións.

* Análise mediante técnicas de recoñecemento directo das xemas orgánicas e das súas imitacións.

Contidos

* Orixe e formación das xemas.

* Propiedades e características das xemas. As tallas.

* Xemas sintéticas, reconstruídas e de imitación.

* Realización de estudios xemolóxicos de pedras sintéticas, reconstruídas e de imitación.

* As xemas orgánicas: coral, acibeche, marfil, ámbar e perlas.

* Xemas de colección.

* Análise do distinto comportamento das pedras ante o lume.

* Valoración da importancia das xemas na función estética das xoias.

Criterios de avaliación

* Recoñece-los materiais xemolóxicos e as súas imitacións.

* Analiza-las propiedades das pedras para a súa aplicación á xoiería.

3.2.9. Módulo 9: formación e orientación laboral:

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo e interpretando os dereitos e obrigacións que se derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes. Determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas no caso de accidente.

* Identifica-las formas e procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea, e localiza-las axudas que prestan as institucións e organismos, autonómicos, nacionais e comunitarios, á inserción laboral.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, nacional e comunitario.

* Explicar-la organización e a xestión dunha pequena e mediana empresa do sector interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigacións que se derivan do quefacer profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

* O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Condicións de traballo e seguridade. Medidas de prevención e protección. Primeiros auxilios.

* O proceso de busca de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Organismos e institucións, autonómicos, nacionais e comunitarios, que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: o plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas, constitución dunha empresa.

* A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigacións xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

* Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

* A protección internacional das innovacións.

* Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

* Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, permanencia e promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa diante das propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica arredor dos contidos económicos, laborais, de márketing e mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo, propio da especialidade, como sobre a situación e relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre utensilios, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica do alumno e alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final:

O proxecto final ten como obxectivo comprobar que a/o alumna/o asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional o proxecto consistirá na concepción e creación dun ou varios obxectos pertencente ó campo da xoiería de arte, xa sexa como peza illada ou como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación:

-Estudio histórico-artístico, que sitúe a obra obxecto do proxecto no contexto da xoiería artística, relacionándoa coas artes plásticas de seu tempo e os seus antecedentes estéticos, analizando de forma clara e precisa as técnicas nela empregadas para

a súa confección e destacando as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e fases de realización do obxecto, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos funcionais.

-Aspectos artísticos.

-Aspectos técnicos: materiais e procesos necesarios para a realización do producto final.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a realización do producto final e rendibilidade e optimización dos medios.

* Testemuño gráfico das diversas etapas do traballo cos debuxos e bosquexos realizados, así como, se é o caso, propostas de catálogo, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra a que se refire o proxecto ou da maqueta a escala, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire o presente decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso «específica».

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º do presente decreto:

* Aqueles aspirantes que tivesen cursado, no bacharelato de artes, a materia de fundamentos do deseño, debuxo artístico II e volume I.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito da xoiería de arte.

* Aqueles aspirantes que estiveran en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Non obstante o disposto nos epígrafes anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido no presente decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madurez intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüística, de razoamento e de coñecementos fundamentos da etapa educativa anterior relacionados coa ensinanza á que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio nacional ou internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superados a totalidade dos módulos. Excepcionalmente o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou profesora titora do centro educativo e nela colaborará o/a responsable de formación do alumnado designado polo centro de traballo no período de estadía no mesmo. A cualificación final estará expresada en termos de apto/non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Proxecto final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto terá que reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións co que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 1 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto que se dea algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, o/a director/a do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría do proxecto final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como ponente o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos corresponderá a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

Secretario: que o será o do centro, e que actuará con voz pero sen voto, levantando acta das sesións, e encargándose de facilitar e coordina-la utilización dos medios, que se é o caso, o centro pon á disposición dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: alomenos 3, nomeados polo director dos cales dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais a un profesional de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de xoiería artística:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo, de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) do presente anexo.

Non obstante, co fin de lograr unha optimización no aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na organización deste, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Formación eProfesor APD de:

orientación laboral-Dereito usual-Organización industrial

2Debuxo artísticoProfesor APD de:Profesor APD de:

e cor-Debuxo artístico-Colorido e procedementos pictóricos-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa-Decoración sobre pastas cerámicas-Análise de forma e cor-Procedementos pictóricos-Técnicas de colorido aplicado á cerámica-Debuxo publicitario-Composición ornamental e proxectos-Composición ornamental-Estilización artística e colorido-Decoración elemental cerámica-Deseño de figurinos-Corte e confección

3Historia daProfesor APD de:

ourivería, xoiería

e bixutería

-Cultura xeral cerámica-Historia da arte-Historia da arte da cerámica

4Debuxo técnicoProfesor APD de:

-Debuxo lineal

5Taller deMestre APD de:

xoiería-Técnicas de xoiería-Acibeche-Xoiería

6Proxectos deProfesor APD de:Profesor APD de:

xoiería-Teoría e práctica do deseño-Proxectos de arte decorativa-Debuxo artístico-Colorido e procedementos pictóricos-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa-Decoración sobre pastas cerámicas-Análise de forma e cor-Procedementos pictóricos-Técnicas de colorido aplicado á cerámica-Debuxo publicitario-Composición ornamental-Estilización artística e colorido-Decoración elemental cerámica-Modelado e baleirado-Imaxinería castelá-Moldeaxe de figuras-Moldes-Adorno e figura

7Tecnoloxía e

microdifusión

8Xemoloxía

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, parágrafos k), l), m), do real decreto anteriormente citado,

os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes epígrafes:

* Teóricos:

-Historia da ourivería, xoiería e bixutería.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Debuxo artístico e cor.

-Debuxo técnico.

-Modelado e maquetismo.

-Proxectos de xoiería.

-Tecnoloxía e microdifusión.

* Talleres específicos:

-Taller de xoiería.

-Xemoloxía.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m20%

Aula teórico-práctica80 m25%

Taller de xoiería60 m50%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor-profesora/alumno-alumna non superior a 1/15 nos módulos seguintes: taller de xoiería. Ó resto dos módulos aplicaráselle-la ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Taller de xoiería.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

95Historia da ourivería, xoiería e bixutería

95Debuxo artístico e cor

95Debuxo técnico

Horas totaisDenominación dos módulos

445Proxectos de xoiería

165Tecnoloxía e microfusión

65Horas de libre disposición

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

95Modelado e maquetismo

420Taller de xoiería

95Xemoloxía

65Formación e orientación laboral

675Total

135Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

240Total