Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO 1/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 1 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación da delimitación do polígono POL-H4.02, do documento de revisión e adaptación do PXOM, promovido por Cándido Iglesias Carballido e Outros, S.C., nas rúas Salgado Somoza e Disciplina.

Segundo.-Expoñer ó público, polo prazo de vinte días, anunciándose así no DOG, taboleiro de anuncios do concello e xornais de maior circulación.

Terceiro.-Notificar ós propietarios afectados».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial

de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán aboados polo promotor do proxecto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo