No BOP da Coruña nº 78, de data 6 de abril de 2002, publicouse acordo da Comisión de Goberno do día 15 de marzo de 2002, polo que se aproban as bases de:
-C.E. 4/01. 12 prazas de subalternos.
-C.E. 5/01. 1 praza de técnico superior de museos científicos.
-C.E. 6/01. Praza de técnico superior de museos científicos. Especialidade bioloxía mariña.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos ás convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
P.D.
A concelleira delegada de Persoal
Rubricado

