Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que realizou o día 22 de febreiro de 2002, aprobou o prego de condicións que rexerán o concurso para a redac

ción de proxectos de mellora da depuración no contorno do núcleo rural de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Este concurso ten por obxecto a selección do anteproxecto e a contratación da redacción do proxecto mencionado.

Presentación das proposicións: os anteproxectos e demais documentación presentaranse no Concello de Nogueira de Ramuín nos 20 días seguintes á publicación deste anuncio no BOP/DOG, contado desde a última publicación, en horario das 9 ás 14 horas, nas oficinas municipais, agás sábado das 9 ás 12 horas.

Obtención de documentación e información:

-Concello de Nogueira de Ramuín-Secretaría-Urbanismo.

-Teléfono: 988 20 10 23.

-Fax: 988 20 11 20.

Domicilio: Luíntra, nº 3, 32160 Nogueira de Ramuín.

Nogueira de Ramuín, 13 de marzo de 2002.

P.D.

Julio Carlos Temes Pereira

Primeiro tenente alcalde