1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Concello de Ourense.
Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.
Número de expediente: ref. 1413.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de urbanización das rúas Nuño de Ousende e Orcellón (último e primeiro tramos).
Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 192.367,21 euros, IVE incluído.
5. Fianzas.
Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención da documentación e información.
Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.
Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.
Localidade e código postal: Ourense, 32005.
Teléfono: 988 38 81 33.
7. Requisitos.
Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, grupo G, subgrupo 6, categoría d.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.
Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.
Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, nº1.
Localidade: Ourense.
Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións: ás 12 horas.
9. Apertura das ofertas.
Entidade: Concello de Ourense.
Enderezo: praza Maior, nº 1.
Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 13 de marzo de 2002.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde

