Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a redacción dos proxectos básicos e de execución, construcción e xestión en réxime de concesión administrativa dos aparcadoiros públicos abaixo relacionados, de acordo coas características e con suxeición ás condicións que se regulan nos pregos.

Denominación dos aparcadoiros:

-Aparcadoiro nº 1: Praza Roxa.

-Aparcadoiro nº 2: Avenida da Coruña-Campus Universitario.

Os licitadores poderán oferta-la construcción e xestión dun ou dos dous aparcadoiros propostos, nas condicións do prego de condicións, sen que sexa admisible ningún outro tipo de oferta variante.

En tódolos proxectos, o adxudicatario redactará, así mesmo, os pertinentes estudios de seguridade e saúde.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de 15 meses desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo, debendo executarse as operacións reurbanizadoras inherentes á intervención.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, ata as 14 horas do día 7-6-2002.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4, Santiago de Compostela. Telf. e fax: 981 59 23 93.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría f.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 26.6º do prego de condicións.

Garantías: provisional: 6.010,12 euros por cada aparcadoiro ó que se licite. Definitiva: 4% do orzamento das obras e 90.151,82 euros pola xestión de cada aparcadoiro.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello o día 13-6-2002, ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado