A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 4 de febreiro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de ubanización do solo urbanizable non programado número 9 (SUNP-9) de Belvís, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello, no prazo dun mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo

