A Comisión de Goberno, na sesión do 25 de febreiro de 2002, aprobou definitivamente o Proxecto de compensación da unidade de actuación número 4 (UA-4) do PERI-7 da Ponte Pedriña, promovido pola Xunta de Compensación.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo

