O Concello de Tomiño (Pontevedra), en sesión do Pleno do día 8 de febreiro de 2002, adoptou o acordo
relativo á creación e clasificación do posto de colaboración de adxunto/a á Intervención de clase terceira, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de Secretaría-Intervención.
O artigo 2º.g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden crealos discrecionalmente as corporacións locais e serán clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
Por todo iso, en aplicación do establecido nos artigos 2º.g) e 9º do Real decreto 1732/1994, do 29
de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería
DISPÓN:
Clasifica-lo posto de colaboración de adxunto/a á Intervención de clase terceira do Concello de Tomiño (Pontevedra), reservándose a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de Secretaría-Intervención.
Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar, directamente, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais
e Administración Pública

