Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.020

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (844/1998).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición que se tramitan co número 844/1998-T se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión din:

«Sentencia.

A Coruña, doce de novembro de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Eulogio Lorenzo Lois, representado pola procuradora dos tribunais María Fara Aguiar Boudín, e na súa defensa o letrado Eduardo Aguiar Boudín, contra Eduardo Rodríguez Castro, Milagros Cabezas Regueiro, ámbolos dous defendidos polo letrado Javier Guisasola Arnaiz, e contra persoas descoñecidas e incertas en ignorado paradoiro que puideran ter interese no que é obxecto da presente demanda, e

Decido que desestimando a demanda interposta pola procuradora Aguiar Boudín na representación de Eulogio Lorenzo Lois, absolvo os demandados Eduardo Rodríguez Castro, Milagros Cabezas Regueiro e Eduardo Rodríguez Cabezas das pretensión exercidas. As custas impóñenselles ós demandantes.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada por Javier San Claudio Piñón que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito en caso necesario e para que así conste

para os efectos de publicar no Diario Oficial de Galicia, que servirá de notificación ás persoas descoñecidas e incertas en ignorado paradoiro que puidesen ter interese no que é obxecto desta demanda, expido e asino o presente testemuño o doce de novembro de dous mil un. Dou fe.

A secretaria

Rubricado