Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.021

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (846/2000).

María del Carmen Carballo Ramos, secretaria substituta do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos da Coruña.

Fai saber: que nos autos que se fará mención se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

(Dous civil. Sección N. Asunto 846/2000).

«Sentencia.

Na Coruña, quince de marzo de dous mil dous.

Vistos pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña María del Carmen Gámiz Valencia os presentes autos de xuízo executivo, seguidos co número 846 de 2000, por instancia da entidade mercantil Banco Popular Español, S.A. con domicilio social en Madrid, r/ Velázquez, nº 34, contra a entidade Adit Conde, S.L., Carlos Conde Cordillón e contra María del Carmen López Breijo, todos eles en paradoiro descoñecido e en estado procesual de rebeldía.

Dictamino:

Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra a entidade Adit Conde, S.L., Carlos Conde Corbillón e María del Carmen López Breijo ata facer trance e remate ós bens embargados e co seu importe íntegro pago a Banco Popular Español, S.A. da cantidade de trinta e sete mil setenta e tres euros con sesenta e un céntimos (37.073,61 euros) de principal e os xuros pactados ó tipo do 10,62% e custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, as que se lles fará saber que, contra ela, poden preparar recurso de apelación dentro do prazo legal de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación que deberá presentarse ante este xulgado por medio de escrito que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna, na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, que será arquivada no libro de sentencias deste xulgado, e da que se levará testemuño ós autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

María del Carmen Gámiz Valencia. Asinado e rubricado».

Publicación: a anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a subscribe ó celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe. Domingo Villafáñez García. Asinado e rubricado.

E para que conste e sirva de notificación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto na Coruña, vintecinco de marzo de dous mil dous.

A secretaria xudicial stta.

Rubricado