Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.021

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DA CORUÑA

EDICTO (973/2000).

María Platas Casteleiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña e do seu partido.

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal civil número 973/2000 seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Antonio Fraga Mandian, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña os presentes autos de xuízo verbal civil seguidos neste xulgado co número 973/2000 por instancia de entidad Talleres All-Tu, S.L., representado pola procuradora María del Mar Penas Francos contra Manuela Iniesta Martín, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda presentada pola procuradora Penas Francos en nome e representación de Talleres All-Tu, S.L. defendida polo letrado Rubén Bouzas Pérez contra Manuela Iniesta Martín en rebeldía procesual neste autos, debo condenar e condeno á demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 78.706 pesetas cos xuros legais desde a data de citación a xuízo ata o seu completo pagamento e con expresa imposición de custas á demandada».

E para que conste e sirva de notificación a Manuela Iniesta Martín, expido, selo e asino o presente edicto na Coruña, dez de abril de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado