Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.021

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (574/2001).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo verbal civil nº 574/2001-PC, sobre reclamación de cantidade, coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña, o vintesete de febreiro de dous mil dous.

Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de verbal civil nº 574/2001-PC, promovidos como parte demandante por Axa Aurora Ibérica de Seguros, representado pola procuradora María Fara Aguiar Boudín contra Francisco Javier González-Moro Vela e herdeiros descoñecidos de Isabel González-Moro Cervigón, declarada en rebeldía, en primeira sentencia, díctase no nome de El-Rei a seguinte: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimo en parte a demanda deducida por Axa Aurora Ibérica de Seguros, representada pola procuradora María Fara Aguiar Boudín, contra Francisco Javier González-Moro Vela, Carlos González-Moro Vela e os demais membros integrantes da comunidade de herdeiros causada polo falecemento de Isabel González-Moro Cervigón, e condeno ós expresados demandados a que solidariamente aboen á demandante a suma de trescentos oitenta e seis euros con quince céntimos (386,15 euros), con aplicación do establecido no artigo 576 da Lei de axuizamento civil en canto a xuros. Non fago especial imposición das custas desta instancia a ningunha das partes.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Pablo González-Carreró Fojón.

Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde herdeiros descoñecidos de Isabel González-Moro Cervigón e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña, 27 de febreiro de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA