Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Chantada.

Examinado o expediente instruído por pedimento de Elecnor, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en praza Manuel Gómez Moreno s/n, edificio Bronce, planta 6ª, C.P: 28020 Madrid; 28108,

sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Chantada; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, publicada no DOG do 22 de setembro de 2000 e no BOE do 28 de setembro de 2000, someteuse a información pública a petición de autorización administrativa do parque eólico de Chantada, non presentándose ningún proxecto en competencia.

Segundo.-O 25 de outubro de 2000, Guillermo Planas Roca, en nome e representación de Elecnor, S.A.,

solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Chantada, de 40,3 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, de 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia

e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto do parque eólico Chantada someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa ditos, mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 3 de xaneiro de 2001, publicado no BOP de Lugo do 16 de febreiro, no BOP de Pontevedra de 21 de febreiro, no diario El Progreso do 13 de xaneiro e La Voz de Galicia do 19 de xaneiro, DOG do 6 de febreiro e no taboleiro de anuncios do concellos de Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Durante o período de información pública presentouse a seguinte alegación:

Carmen Lorenzana alega que, como propietaria dun terreo no Monte Faro e como parte afectada, considérase ignorada no expediente aberto con motivo do parque eólico de Chantada que se situará no dito monte.

Cuarto.-O 23 de xaneiro e o 7 de febreiro de 2002, as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, respectivamente, emitiron informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Asentamento e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

ChantadaChantada (Lugo)XY

Rodeiro (Pontevedra)1591.8754.725.000

2590.8754.718.000

3589.9614.718.000

4589.8104.719.000

5591.0004.724.860

6591.8754.725.000

Nº de aeroxeradores: 31.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 40,3 MW.

Altura das torres: 50 m.

Diámetro do rotor: 60 m.

Producción anual estimada: 96.720 MWh/ano.

Investimento previsto: 27.865.647,05 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-31 centros de transformación (sitos no interior de cada aeroxerador) de 1.600 kVA, 0,69/20 kV, e súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección de M.T.

-Subestación transformadora 20/132 kV, dotada de:

Transformador 20/132 kV; 50/55 MVA.

Interruptor tripolar 145 kV-1.600 A.

Celas interiores de 20 kV.

Equipos de control e medida.

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas celas de 20 kV da subestación 20/132 kV que recolle a enerxía do parque.

Quinto.-O 25 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, considerando inviable a instalación do aeroxerador número 31, polo que o parque eólico quedará constituído por 30 dos 31 aeroxeradores proxectados, cunha potencia total instalada de 39 MW, quedando pendente de informe sobre súa posible reubicación o aeroxerador número 1 nas condicións sinaladas pola declaración de impacto ambiental.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, de 24 de xullo, o Decreto 132/1982, de 4 de novembro e o Decreto 15/2002, de 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Decreto 302/2001, de 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, queda de manifesto que:

Co respecto a posibles erros na titularidade do predio afectado pola instalación do proxecto, cabe

dicir que a empresa beneficiaria tomará razón del, no obstante será durante o levantamento de actas, á que será oportunamente convocado, o momento no que pode demostra-la titularidade del, achegando a documentación acreditativa necesaria.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites esixibles sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar a Elecnor, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Chantada, con excepción do xerador número 31, cunha potencia total instalada de 39 MW.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñocer á instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 de dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Elecnor, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 557.312,94 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme ó disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 27.865.647,05 euros.

Terceira.-O inicio das obras queda condicionado ó informe favorable da Dirección Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental relativo ó asentamento do aeroxerador número un.

Cuarta.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, as delegacións provinciais de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra, poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten pro

cedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Elecnor, S.A. no seu plan eólico.

Sexta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental de 25 de xaneiro de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, de 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Oitava.-A Administración resérvase para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Novena.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas