Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

02/66-4). 7.472

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Punago, nos concellos de Castroverde, Baleira e Pol (Lugo), promovido por Endesa Cogeneración y Energías Renovables, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 18 de decembro de 2001 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Punago, nos concellos de Castroverde, Baleira e Pol (Lugo), promovido por Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

Proyecto Parque Eólico de Punago. Tomos I-II, II-III. Octubre de 2000,

Estudio de impacto ambiental Parque Eólico Punago. Abril, 2001,

Estudio de impacto arqueológico. Parque eólico de Punago. Informe final. 18/4/01.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque eólico de Punago, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 30,36 MW de potencia total nos concellos de Castroverde, Baleira e Pol (Lugo), constituído por 46 aeroxeradores modelo MADE AE-46/I con 660 kW de potencia unitaria, dispostos ó longo dunha única aliñación na serra de Punago, dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

637.660,24.773.407,9

638.744,44.773.835,9

641.582,24.763.944,5

640.658,94.763.612,7

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos titulados Accesos y planta general parque eólico. Plano 02 e Planta general parque eólico Punago. Plano 03 incluídos no proxecto de execución.

As coordenadas UTM dos 46 aeroxeradores previstos son:

AeroxeradorUTM XUTM Y

1639.580,91574.768.145,6213

2639.562,17164.768.271,0045

3639.554,19434.768.397,5297

4639.544,30204.768.523,9197

5639.533,43364.768.650,2295

6639.524,75014.768.776,7082

AeroxeradorUTM XUTM Y

7639.521,75814.768.903,4494

8639.579,78804.769.061,3710

9639.556,97204.769.169,7510

10639.530,99304.769.292,0220

11639.505,01404.769.414,2930

12639.479,03504.769.536,5640

13639.453,05614.769.658,8348

14639.408,97404.769.775,8040

15639.366,51404.769.893,000

16639.335,37704.770.014,0140

17639.319,67304.770.138,5570

18639.296,91604.770.261,4680

19639.291,86054.770.389,0595

20639.267,67884.770.510,7397

21639.258,29994.770.630,3349

22639.265,78394.770.763,0049

23639.292,28214.770.907,3259

24639.326,02044.771.052,7739

25639.351,34474.771.205,9380

26639.350,78334.771.359,2043

27639.297,82304.771.480,1420

28639.281,66004.771.604,3935

29639.241,48134.771.722,4891

30639.211,65454.771.838,7537

31639.170,16164.771.963,4915

32639.103,84204.772.069,4560

33639.047,13494.772.180,1664

34638.980,89634.772.284,4195

35638.949,55574.772.419,3992

36638.847,10144.772.492,8828

37638.789,21034.772.605,1095

38638.705,32994.772.710,8864

39638.631,83604.772.798,9859

40638.570,59874.772.905,6480

41638.508,45064.773.014,1466

42638.443,62194.773.130,9015

43638.380,46604.773.238,5160

44638.329,28044.773.352,5045

45638.281,01684.773.467,9406

46638.233,67934.773.582,9285

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Adoptarase a medida prevista no estudio ambiental, humectando as superficies susceptibles de xeraren po. Ademais do anterior, cubriranse os vehículos durante o transporte de terras.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Co obxecto de controlar este aspecto, levarase a cabo o plan de ruídos incorporado no anexo III do estudio de impacto ambiental, engadindo ós puntos de control o núcleo de Teixeda, coas periodicidades establecidas, e realizando as medicións en condicións de máxima emisión sonora.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización da Confederación Hidrográfica do Norte.

Durante as obras aplicaranse as medidas preventivas recollidas no estudio ambiental co obxecto de evita-la afección na calidade das augas, especialmente nas zonas próximas ás fontes da Regueira e da Castiñeira.

As drenaxes transversais proxectadas para as pistas distribuiranse de xeito que non se modifique o actual réxime hídrico da zona. A tal fin, deberase presentar un estudio da localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos, tanto transversais como lonxitudinais, que incluirá tamén un plan de control do seu funcionamento e das condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, de acordo co requirido no punto 11.2 da presente DIA.

As achegas que se realicen desde o sistema de drenaxe do parque á rede hidrográfica serán graduais, evitándose afeccións á rede de drenaxe da zona. Así mesmo, nos puntos de vertedura instalaranse sistemas de disipación de enerxía ou proteccións co obxecto de evita-la aparición de fenómenos erosivos. O plan de vixilancia do funcionamento dos dispositivos de drenaxe incluirá o control da aparición destes fenómenos.

Procederase ó mantemento periódico da fosa séptica prevista, co obxecto de garanti-lo seu correcto funcionamento.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Así mesmo, queda prohibido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde fábrica ou fábricas localizadas fóra da obra e que conten coas debidas autorizacións.

Co obxecto de controlar este aspecto, levarase a cabo o plan de control de calidade da auga incorporado no anexo 5 do estudio ambiental, así como o plan de control durante a fase de obras requirido no punto 11.6 desta declaración.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Durante a fase de obras delimitarase a zona de obras mediante balizas, que deberán manterse en perfecto estado durante o transcurso destas e retirarse cando finalicen.

A circulación de vehículos e maquinaria no parque restrinxirase ás pistas previstas.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un local de baixo valor ambiental e arredado de calquera curso de auga ou área de protección arqueolóxica.

Os materiais sobrantes da escavación, tal e como se prevé no estudio ambiental, serán retirados e depositados en local autorizado por órgano competente.

No caso de deterioración das pistas ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos xerados, tanto na fase de obra como nas de funcionamento e abandono do parque, serán xestionados conforme a súa natureza, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste senso, primarase a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derramas accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo dos medios necesarios para a recolla de posibles verteduras.

Unha vez rematadas as obras, procederase á retirada e xestión de tódolos residuos de obra.

6. Protección da fauna e vexetación.

6.1. Sobre a fauna.

Levarase a cabo o plan de vixilancia proposto no anexo 4 do estudio de impacto ambiental, co fin de determina-la existencia ou non de afeccións sobre as poboacións de aves e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola presencia dos aeroxeradores.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario. Nas zonas de ocupación a eliminación deberá realizarse mediante roza. En todo caso, non se poderá utiliza-lo lume nin herbicidas para a súa eliminación.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta, conforme o disposto no Regulamento de montes.

7. Protección do patrimonio cultural.

Realizarase un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico, facendo fincapé na pista entre os aeroxeradores 37 e 38. A tal fin, en fase previa ás obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueológos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

8. Protección dos valores paisaxísticos.

Nesta área considerarase viable o parque sempre e cando no futuro sexan preservadas outras zonas na súa proximidade, polo que se fará un estudio de sinerxias contemplando os aspectos paisaxísticos.

Empregaranse cores pouco rechamantes e tonos mate no acabamento dos aeroxeradores, e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, así como as de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal como se indica no estudio ambiental.

O acabamento do edificio de control e transformación adecuarase á súa contorna, considerándose axeitado o emprego de pedra, lousa e madeira no seu acabamento, de acordo co sinalado no estudio ambiental.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación

Civil Internacional), de tal xeito que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódolos terreos afectados ou deteriorados pola execución das obras (marxes das pistas, foxos, gabias de cables, plataformas de montaxe, contorno da subestación, edificio de control e das obras de drenaxe, zonas de recadación de materiais...) deberán ser recuperados mediante revexetación que restitúa a vexetación autóctona presente na zona e favoreza a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal, garantindo o seu mantemento ó longo do tempo.

Con este fin, aplicaranse as medidas descritas no anexo II do estudio ambiental nos tratamentos que se efectuarán na terra vexetal (separación, correcto amoreamento e mantemento) e previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o espallamento de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

O desenvolvemento dos labores de restauración realizarase conforme avanza a obra e as distintas superficies a restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastre de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflictan tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas (aeroxeradores, edifico de control, subestación, gabias de cables, pistas (diferenciando as zonas acondicionadas das novas, acceso ó parque) e se localice a superficie seleccionada para as instalacións de obra, xustificando que as características da zona corresponden co estipulado no punto 4 desta declaración.

11.2. Estudio xustificado da localización dos dispositivos de drenaxe previstos, tanto transversais como lonxitudinais, indicando a dirección do fluxo de auga e a área drenada por cada unha das infraestructuras de drenaxe proxectadas, reflectíndoas nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM. Así mesmo, describiranse os sistemas protectores e de disipación de enerxía que se instalarán á saída das drenaxes transversais e nos puntos de vertedura dos foxos, e proporase un plan de control do seu funcionamento.

11.3. Resultados das medicións preoperacionais propostas no anexo 3 do estudio de impacto ambiental, sinalando o L en tódolos puntos propostos, incluído o núcleo de Teixeda. Este informe virá asinado polo técnico da entidade homologada que efectúe as medicións. Incluirase un mapa de ruídos, no que se consideren as vivendas máis próximas e indicarase a velocidade do vento (máxima, mínima, media e desviación típica) durante o período de medición.

11.4. Documentación que complete o plan de vixilancia de aves incluído no anexo 4 do estudio de impacto ambiental:

* Definición, cualitativa e cuantitativa, dos limiares de risco por colisión (de alerta e inadmisible) e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas, xustificando o método para a súa determinación.

* Definición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que se adoptarán en función das situacións de risco indicadas no punto anterior. Contemplarase, entre outras, a estipulación dun período de parada dos aeroxeradores. Describiranse tamén as medidas propostas para a detección de posibles impactos puntuais imprevistos, ante condicións climatolóxicas adversas, desvío de rutas migratorias cara ó interior ou acumulación temporal de aves na área.

* Caracterización dos movementos de aves na área afectada, independentemente da súa tipoloxía, tendo en conta a información fornecida no estudio ambiental e a que se derive das campañas de caracterización de avifauna, proporcionando información sobre as especies e tipoloxía do paso, nº de aves, períodos de paso, altura do voo, traxectoria e sentido dos movementos.

11.5. Addenda ó plan de restauración presentado, de forma que se concrete a dose de sementes que se empregarán e se especifiquen as especies que finalmente conformarán a mestura de sementes, e se inclúa o cronograma dos labores de restauración, considerando o estipulado no punto 10 desta declaración. Presentarase, tamén, a descrición de tódalas actuacións previstas para o desmantelamento e abandono do parque e un novo orzamento no que se contemple tanto os labores de restauración como a valoración económica deste desmantelamento, incluíndo medicións, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos desagregados, orzamentos parciais, orzamentos total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

11.6. Addenda ó programa de vixilancia ambiental no que se desenvolva o seguimento durante a fase de obras, especificando os controis que se van realizar, a súa periodicidade e os limiares que determinarán a posible existencia dunha afección.

11.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Direc

ción Xeral de Patrimonio Cultural respecto do indicado neste punto.

11.8. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.9. En relación coa liña de evacuación da enerxía, presentarase a seguinte documentación, que será sometida a informe, se é o caso, dos órganos competentes na materia:

11.9.1. Descrición xeral do proxecto, indicando localización, lonxitude da liña, tipo e número de apoios, puntos de inicio e fin (conexión á rede de transporte), incluíndo unha listaxe de coordenadas UTM, obra civil que se desenvolverá e duración prevista da obra. Acompañarase, como mínimo, dun plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle, dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a traza prevista, numerando cada un dos apoios.

11.9.2. Estudio sobre os elementos do patrimonio cultural presentes ó longo da traza.

11.9.3. Estudio dos posibles efectos do proxecto sobre a poboación (indicando especificamente a distancia ás vivendas máis próximas), fauna, formacións vexetais, solo, auga e paisaxe, así como espacios naturais presentes, se é o caso, ó longo da traza.

11.9.4. Descrición das medidas protectoras, e correctoras que se adopten, con especial atención á avifauna e ós labores de restauración.

11.9.5. Programa de vixilancia ambiental, con especial atención ó seguimento da posible afección sobre as poboacións de aves e o resultado da restauración.

En ningún caso poderán comeza-las obras de instalación da liña de evacuación antes de contar co informe favorable desta dirección xeral en relación co punto 11.9, sen que isto interfira no desenvolvemento das restantes obras do parque.

Coa excepción indicada no parágrafo anterior, unha vez avaliada a documentación solicitada nos puntos 11.1 ó 11.8, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez emitido informe por esta dirección xeral do cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral as datas de replanteo e inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo o cronograma de obras actualizado, contendo tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudio ambiental e do condicionado da presente declaración, así como incor

porar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tanto a toma de mostras, como as analíticas e medicións previstas, deberán ser realizadas por empresa homologada para o efecto.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras de carácter ambiental e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de avance respecto do total. No cronograma figurará a data de actualización.

Con carácter trimestral presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade. Asemade, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima, media e desviación típica) durante o periodo de medición.

c) Resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe e das condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co indicado no punto 3 desta DIA, e do plan de control de calidade das augas.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, incidencias ou imprevistos acontecidos, resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), labores de restauración levadas a cabo, xestión dos residuos, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudio ambiental e addenda requirida no punto 11.6 desta declaración, e o establecido na presente DIA, e que reflicta o cumprimento das condicións impostas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, onde se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: pistas, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias de cables, subestación, etcétera.

12.2. Ó final das obras comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate

dos traballos, un informe de fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos, resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudio ambiental e o establecido na presente DIA, incidencias ou imprevistos acontecidos, destino dos sobrantes de terras no caso de producirse, xestión aplicada á biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación, estado das pistas, drenaxes e foxos, gabias de cables, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, que reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando así mesmo as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, contando desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos. Así mesmo, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima, media e desviación típica) durante o período de medición.

b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe e das condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co indicado no punto 3 da presente DIA, e do plan de control de calidade das augas.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do desenvolvemento do plan de restauración, incluíndo os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal,

estado das drenaxes, pistas, noiros, foxos, gabias de cables e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, así como detalle dos controis ambientais efectuados e das incidencias detectadas en relación a tódolos aspectos incluídos na DIA. Nas fotografías indicarase a data e hora de toma, acompañándoas dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, salvo indicación en contra por parte desta dirección xeral, os contidos do informe requirido no punto anterior.

12.5. Informe ambiental previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto na addenda que se presentará de acordo co punto 11.5 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.6. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses contado desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de se detectaren durante o seguimento ambiental que se efectúe, en calquera das súas fases, impactos non previstos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Sen embargo, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o

órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente, a través do órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando asemade se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de cento vintesete millóns trinta e seis mil duascentas sesenta e tres (127.036.263) pesetas (763.503,3 A). O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.5 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata estes seren corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluídos, se for o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7 Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprido este trámite.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto denominado Parque Eólico de Punago. Octubre de 2000, promovido pola empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 46 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, localizado sobre a metade norte da serra do Punago, tamén denominada da Vacariza ou do Miradoiro, sita a aproximadamente 22 km en liña recta da cidade de Lugo, e en terreos dos concellos de Castroverde, Baleira e Pol (Lugo); dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas:

Vértice XVértice Y

637.660,24.773.407,9

638.744,44.773.835,9

641.582,24.763.944,5

640.658,94.763.612,7

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 46.-Modelo: MADE AE-46/I.-Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.-Potencia total instalada: 30,36 MW.-Altura das torres: 43,5 m.-Diámetro do rotor: 45 m.

-Producción neta anual prevista: 78.056 MWh/ano.-Investimento previsto: 3.175.906.569 ptas.

A obra civil inclúe o acondicionamento de dúas pistas existentes, unha de aproximadamente 1,9 km que parte da aldea de Santadrao, e outra que percorre a serra de norte a sur, cunha largura de 5 m, sen conta-los foxos. Así mesmo, proxéctase a apertura de novos camiños ó longo da pista principal en tres puntos, cunha lonxitude comprendida entre os 15 e os 60 m e unha largura de 5 m, base de saburra e sub-base realizada a partir dos productos obtidos das escavacións.

Proxéctase así mesmo a instalación dun edificio de control para a realización das tarefas de control e mando, así como para a disposición dun lugar dedicado a reparacións diversas, almacén e servicios, á altura do aeroxerador nº 20, no cumio do monte Pradairo.

A evacuación da enerxía eléctrica efectuarase a través dunha liña de nova construcción, proxéctandose a subestación no cumio do monte Pradairo, a uns 3,7 km da liña de 132 kV de O Ceao a Grandas.

MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS

1. Medidas protectoras:

-Sobre a calidade atmosférica: rega periódica das superficies máis afectadas polo paso da maquinaria de obra.

-Sobre a hidroloxía: proxéctase a aplicación dun plan de control de calidade das augas, que inclúe a realización de boas prácticas durante a fase de obras e a realización de analíticas periódicas, tanto na fase de obras como durante o primeiro ano da fase de explotación.

-Sobre a xeomorfoloxía: localización dos elementos que conforman o parque de xeito que non se afecte ós afloramentos rochosos e balizamento do contorno dos puntos que se consideren de interese.

-Sobre a flora e vexetación: balizamento de formacións vexetais de interese ou exemplares valiosos, de apareceren na zona.

-Sobre a fauna e os seus hábitats: disposición dos aeroxeradores evitando as áreas de interese faunístico e realización das obras preferentemente fóra do período crítico de reproducción das aves.

-Sobre a paisaxe:

b) Dimensionamento de pistas e superficies o mínima necesario para garanti-la manobrabilidade das máquinas.

c) Protección de elementos singulares.

d) Reutilización dos materiais de escavación en recheos da obra e traslado dos sobrantes ó vertedeiro controlado de inertes máis próximo.

e) Integración do edificio de explotación, con acabamento exterior en pedra, carpintería das fiestras en madeira e cuberta de lousa.

f) Mantemento da maquinaria en zonas específicas arredadas de charcas e regos de auga.

2. Medidas correctoras:

-Separación e amoreamento da terra vexetal.

-Restauración das superficies obxecto de ocupación temporal.

-Retirada de animais mortos de certo porte que aparecen no parque ou nas súas inmediacións.

Así mesmo, no estudio ambiental proxéctase a realización de controis de seguimento para o control da presión sonora, avifauna, calidade das augas, recuperación de solos e vexetación.

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

-A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe no que conclúe informar favorablemente

sobre o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Punago, e acepta-las medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, cos seguintes condicionantes que se incluirán na correspondente declaración ambiental:

1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico, facendo fincapé na pista entre os aeroxeradores 37 e 38. A tal fin, en fase previa ás obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

3. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arquéologos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

-A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informe no que sinala:

1. Á vista do plan de vixilancia da avifauna estímase axeitado o enfoque de obxectivos, así como o método para acadalos. Sen embargo, cóidase de interese que se incorporen as seguintes propostas:

a) Presentación con regularidade periódica dos resultados obtidos (debe establecerse a priori).

b) Presentación, e de forma explícita, dos datos empregados na consecución dos resultados; zonas de mostraxe (cartografía); factores de corrección; desenvolvemento estatístico... En resumo, todo o contido analítico e conceptual debidamente desenvolvido para a obtención dos referidos resultados.

c) O parque eólico pode ocasionar unha mortandade de aves despreciable durante moitos anos, e pode provocar despois repentinamente unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Por conseguinte, poderíase argumentar que non poden cuantificarse taxas de mortandade específicas, salvo despois de moitas décadas de estudio exhaustivo. Isto leva a propoñer que o plan debe proxectarse para a vida útil do parque, estimándose insuficiente o prazo de dous anos proposto no estudio ambiental.

d) Determinación de limiares de alerta. Estes limiares débense acotar cunha metodoloxía rigorosa, explícita, susceptible de comparación e cos criterios máis cuantitativos posibles, ademais dos cualitativos. Ademais, a determinación destes limiares debe servir para a adopción das medidas oportunas, como

pode se-la estipulación dun período de parada de aeroxeradores por mortandade temporal de aves.

e) Deberíanse integrar nun único plan de vixilancia de aves as afeccións que se produzan polo parque eólico e pola liña de alta tensión que serve para evacuar a enerxía xerada no mesmo (liña que non vén indicada ó longo do estudio).

2. Outro aspecto relevante para a análise e avaliación dos impactos e que non se consideran no estudio é o relativo ó trazado e afección da liña de evacuación da enerxía xerada. Debemos ter en conta que a consideración en dúas fases minimiza os posibles efectos sinérxicos negativos, distorsionándose, por conseguinte, a información do estudio.

3. En relación ós dispositivos de drenaxe lonxitudinal e transversal son para ter en conta unha serie de aspectos no caso de facerse precisa a súa implementación:

a) Que a auga evacuada en cada bueiro corresponda coa mesma microbacía na cal se efectuou a captación.

b) Sempre é mellor que o número destes sexa elevado, lémbrase que os camiños son elementos lineais que cortan transversalmente o paso da auga. Esta limitación implica que na parte baixa da aba atravesada pola pista a chegada de auga de escorrega se reduce de xeito importante. Débense sopesa-las implicacións que isto pode xerar no ecosistema, sobre todo naqueles intimamente ligados ó réxime hídrico.

c) Na saída das augas dos bueiros débese ter en conta que esta se efectuará de xeito que non se produzan fenómenos erosivos, de asolagamento ou desposición, sempre e cando non existisen antes da actuación referida.

Farase por tanto un deseño e construcción da rede de drenaxe artificial (gabias e bueiros) tal que contemple entre os seus obxectivos os anteriores, implementando ademais os dispositivos de disipación de enerxía e barreiras de sedimentos precisas e en concordancia con aquelas.

4. Se ben se explicita que a rede hidrográfica non se vai ver afectada directamente polas obras, non está de máis face-las seguintes consideracións:

a) Respectaranse os leitos dos cursos naturais susceptibles de ser afectados polas obras, de xeito que quede garantido o réxime de caudais; ademais, nas seccións directamente implicadas (paso dunha pista...), certificarase que o fluxo hídrico manteña as condicións actuais de velocidade, para o cal se establecerán as infraestructuras que sexan precisas. Isto debe vir xustificado tecnicamente ou ben argumentación en contra.

b) Evitarase a verteduras de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral, non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para isto o considerado na

lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade de augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e planificación hidrolóxica, encontrándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou cheas de caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solucionar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia, e durante a vida do parque.

Subliña-la necesidade de non efectuar ningún tipo de actuación nos leitos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de bacía. No caso de que esta afección atinxa os ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

5. En caso de ser precisa a corta de árbores débese ter en conta o seguinte:

a) Onde se pretenda efectuar cortas de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co que se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

b) No suposto de afectarse a vexetación de ribeira terase que solicita-la correspondente autorización ó Servicio Provincial de MAN, tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:

-Para o aproveitamento e a utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas será precisa autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

-Para a modificación da vexetación das beiras e marxes precisarase un informe do Servicio Provincial correspondente, tal e como se dispón no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

6. Non se poderá depositar nin acumular na área do parque, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras

abandonadas ou outros lugares de amoreamento debe indicarse cales, ademais de como se pensan depositar e qué actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio.

En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como as que proveñan dos labores de mantemento ou outras deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

No caso de que se estime a súa execución, coidase de interese a consideración dos puntos deste informe, co fito dunha maior integración da actividade no medio.

-A Dirección Xeral de Obras Públicas informa o seguinte:

1. A realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, en concreto no que atinxe ó uso e defensa destas.

2. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

-A Dirección Xeral de Turismo emite informe no que valora a implantación do parque eólico proxectado, tanto pola súa localización como pola súa disposición lineal, supón un significativo impacto sobre os vales situados ó oeste e ó leste, así como sobre da serra da Marronda, aínda que asumible sempre que nesa área xeográfica se preserven outras zonas análogas.

-A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada en relación co expediente, dos informes emitidos polos distintos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental co obxecto de minora-los posibles impactos ambientais, que inclúe os seguintes epígrafes:

-Ámbito territorial de actuación.

-Impacto causado pola ocupación do terreo.

-Residuos.

-Flora e fauna.

-Impacto visual.

-Urbanismo.

-Programa de vixilancia ambiental (ruídos e colisións de aves).

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS

* Donnino Freire Iglesias e 16 persoas máis presentan escrito de alegacións relacionadas coa nece

sidade de realizar un estudio ambiental, así como dos problemas xurídicos que poden xurdir debido ó actual proceso de concentración parcelaria na zona.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE