A Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.
c) Número de expediente: 15/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do campamento xuvenil de Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense).
b) Lugar de execución: campamento xuvenil Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense).
c) Prazo de execución: desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 63.924,90 A.
5. Garantía:
a) Definitiva: 4% prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense, 32004.
c) Teléfono: 988 38 60 96, telefax: 988 38 60 87.
d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: as que se indican no prego de cláusulas administrativas particulares e nos pregos de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do R.D. 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as disposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos, e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante fax 988 38 60 87 ou telegrama, no mesmo día.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.
b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n, Ourense, 32004.
c) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.
d) Hora: a partir das 14 horas.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 26 de abril de 2002.
P.D. (Orde 19-1-1998)
(Decreto 488/1997, do 26 de decembro)
José Sotelo Presas
Delegado provincial accidental de Ourense

