Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU 110/01P e tres máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de abril de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción euros

OU-110/01PMiguel Gil Balbuena

34922092

San Lázaro, Ribadavia (Ourense)Pescar sen licencia en luns, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992, artigo 34.1º300,51, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-121/01PEduardo López Fernández

44474120

A Laxa, 11, Punxín (Ourense)Pescar sen licenciaLei pesca fluvial Galicia 7/1992, artigo 34.1º300,51, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-172/01PManuel Ángel González da Cuña

34540226

Estrada de Mende, 88, A Lonia (Ourense)Pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo, fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000Lei pesca fluvial Galicia 7/1992, artigo 33.9º30,05

OU-190/01PJosé López de Dios

34727974-K

Feces de Abaixo, Verín, (Ourense)Pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo, fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000Lei pesca fluvial Galicia 7/1992, artigo 33.9º60,10