1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: servicios de mantemento e limpeza das instalacións do IGVS en Santiago de Compostela.
b) Prazo de execución: vintecatro (24) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento máximo autorizado: catrocentos oitenta mil euros (480.000 A), IVE incluído.
5. Garantías:
a) Provisional: nove mil seiscentos euros (9.600 A).
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: grupo: 3; subgrupos: 6 y 7; categoría: A.
7. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?n=1078.
8. Presentación de proposicións:
a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Admisión de variantes: admítense melloras metodolóxicas na execución dos traballos.
c) Data límite de presentación: ás 14 horas do día 3 de xuño de 2002.
d) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.
9. Apertura de proposicións:
a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.
b) Data: o 19 de xuño de 2002.
c) Hora: ás 10 horas.
10. Gastos do anuncio: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo

