De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador nº 36/19/02 VI por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.
Desígnase instructora do expediente a Mª Rita Rodríguez Gómez podendo ser recusada en calquera momento da tramitación do expediente, de dárense algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se lle notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente na Unidade de Consumo sito na rúa Concepción Arenal, 8-7º, edificio administrativo Xunta de Galicia, Torre 2 (Vigo), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa a delegada provincial do Instituto Galego de Consumo, de acordo co artigo 16 do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta unidade sita na rúa Concepción Arenal, 8-7º, edificio administrativo Xunta de Galicia, Torre 2 (Vigo).
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Expediente: 36/19/02 VI.
Inculpado: Nicolás Soler Mateo.
Enderezo: Areal, 106, Vigo.
Motivos: incumprimento da normativa de garaxes.
Sanción: 300 A.
Data do acordo de incoación: 5-2-2002.
Pontevedra, 9 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

