Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da xestión indirecta do servicio público municipal de recollida, retirada, transporte, inmobilización, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

2. Obxecto: a) Descrición: xestión indirecta do servicio público. b) Duración da concesión: oito anos e dous de prórroga. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinario, aberto e concurso.

4. Garantías: provisional: 6.000 A. Definitiva: 12.000 A.

5. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación (praza de España, s/n, 36071 Pontevedra), no prazo de vinteseis (26) días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. Correo electrónico: contratación*concellopontevedra.es.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica, financeira e técnica. Cláusula 17 c) e d) do prego.

7. Presentación de ofertas: a) vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 17ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (horario de 9 a 13 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusulas 20ª e 21ª do prego.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Prezos ofertados: ata un 45%.

b) Situación e características do local para depósito e custodia: ata un 35%.

c) Características técnicas dos guindastres ofertados: ata o 15%.

d) Melloras propostas polos licitadores: ata o 5%.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos ocasionados polo anuncio de licitación (cláusula 15ª do prego).

Pontevedra, 10 de maio de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde