Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 11 do PXOU rúas A Estrada e San Amaro.

A Comisión de Goberno, en sesión do 15-4-2002, prestou aprobación, con carácter inicial, ó Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 11, rúas A Estrada e San Amaro, formulado, mediante iniciativa particular, pola xunta de compensación, instrumento urbanístico con visado colexial do 31-5-2001, plano 6.2º modificado con visado colexial de 6-6-2002, que substitúe ó correlativo do proxecto e planos 6.1º, 6.5º, 6.7º, 6.8º, 6.9º, 6.10º e 6.11º da mesma autoría e visado colexial de 18-10-2001, documentación técnica subscrita polos arquitectos Ignacio Hermo Túñez, José A. Hermo Túñez e Arturo Dapena Barros.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puidera practicar.

Pontevedra, 6 de maio de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente