Por resolución desta alcaldía do 7 de marzo de 2002 aprobáronse as bases para a provisión das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público de 2001:
Persoal laboral:
-Unha praza de asesor xurídico-Servicio de Urbanismo.
-Unha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo.
-Tres prazas de peóns de servicios-varios.
No BOP nº 66, do 8 de abril de 2002 e no taboleiro de anuncios do concello publícanse integramente as bases e programas das convocatorias.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.
Sanxenxo, 9 de abril de 2002.
Telmo Martín González
Alcalde

