De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria fai saber que, ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os especificados na mencionada relación para que, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Administración ou unidade de recadación que consta na relación, para seren notificados regulamentariamente.
En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.
Barcelona, 7 de marzo de 2002.
Pablo Gil Montoro
Xefe adxunto da Dependencia Provincial
de Recadación de Barcelona
Relación que se cita: 021111001.
Nome: Extracción de Humos y Ventilac.
NIF: A58576430.
Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.
Referencia: C1100001320139470.
Unidade: Horta.
Lugar de comparecencia: r/ Ciencias, 15, Barcelona.

