Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.492

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 10 de abril de 2002, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes, na Delegación da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, 10-5ª planta, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódo

los efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Santa Compaña Galega, S.L.

CIF: B32199234.

Procedemento: administrativo de constrinximento. (Recadatorio-notif. constrinximento. Liq. 139-128-40-51).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial AEAT en Galicia, r/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña).

A Coruña, 10 de abril de 2002.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia