O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 7-12-2001, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento coas datas 27 de novembro e 17 de setembro de 2001, respectivamente, para allea-lo inmoble que se detalla a continuación:
-Local comercial, sito na rúa Historiador Vedía, nº 1 da Coruña, de 336 metros cadrados, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, no libro 1.642, folio 172, predio nº 56327, inscrición 3ª.
O tipo mínimo de licitación será de 318.055,60 euros.
Farase esta segunda poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na dirección provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Emilia Pardo Bazán, 15-7º esq. da Coruña. Teléfono: 981 18 76 73.
O acto público desta segunda poxa terá lugar perante a mesa constituída para o efecto, ás 12 horas do día 6 de xuño do 2002, na sala de xuntas da dirección provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.
A Coruña, 23 de abril de 2002.
José Manuel Pombo Cortés
Director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social

