Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica o acordo de incoación dun expediente sancionador, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a incoación de expediente sancionador en materia de urbanismo, dictado no expediente sancionador que se cita no anexo.

Fáiselle saber que, contra a dita resolución, o interesado poderá achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes, no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da públicación desta cédula e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse, de conformidade co disposto polo artigo 16 do Real decreto 1398/1993, todo isto, sen prexuízo do establecido polo artigo 3 do citado real decreto.

Así mesmo signifícase así mesmo a posibilidade de que os presuntos responsables poidan recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade , cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A competencia para a resolución do expediente sancionador corresponderalle ó conselleiro ou ó director xeral de Urbanismo, segundo a cuantía da sanción que se propoña, en virtude das normas de atribución de competencias establecidas polos artigo 186 da Lei do solo de Galicia, 80.1º do Regulamento de disciplina urbanística e polo Decreto 134/2002, do 4 de abril.

Nomease instructor a Pilar Díaz Herrera, funcionaria da Consellería de Política Territorial,Obras Públicas e Vivenda, podendo os interesados promover recusación en calquera momento da tramitación do expediente, expresando a causa ou causas nas que se funde, de conformidade co disposto polos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e sirva de notificación ó citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Hipólito Pérez Novo

Subdirector xeral de Disciplina e Informes

ANEXO

Expte: 107 C-2002/8-0 sancionador.

Denunciado: Manuel Creo Antelo, na condición de constructor.

Último enderezo coñecido: As Galanas nº 33, Calo-Balcaide.

Feitos: peche de predio e obras de construcción dunha vivenda sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Surribas-Conxo.

Municipio: Santiago de Compostela.

Tipo resolución: iniciar expediente sancionador en materia de urbanismo a Mª Luisa Garabal Maza en calidade de promotor e Manuel Creo Antelo en calidade de constructor.

Precepto infrinxido: artigo 182.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro , polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.