Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 9.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello en sesión do 28 de mayo de 2002, acordou aprobar definitivamente o documento denominado estudio de detalle para a reordenación de volumes e parcelas no cuarteirón nº 1 do polígono industrial do Milladoiro, parcelas nº 77 a 90'', o cal fora aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión do 26 de decembro de 2001, e exposto ó público en forma e tempo regulamentario, sen que durante a dita exposición pública se formulasen alegacións conta o dito documento.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdicción, sen prexuízo da interposición de calquera outro que se considere procedente.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 3 de xuño de 2002.

José Astray Lorenzo

Alcalde