Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 9.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93.3º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, publícase a seguinte adxudicación de xestión de servicios públicos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da xestión integral dos servicios públicos de abastecemento e saneamento de augas do Concello de Bergondo.

b) Datas de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 18, do 24-1-2002 e BOP nº 27, do 1-2-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Ordinaria, aberto e concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o previsto na cláusula 60 do prego que rexe esta contratación.

5. Adxudicación.

a) Órgano: Pleno.

b) Data: 12-4-2002.

c) Contratista: Aquagest, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: equivalente ó tipo de licitación e 5% de canon.

e) Prazo de adxudicación: vinte anos.

Bergondo, 25 de abril de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente