Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.779

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 24 de xuño de 2002 pola que se designan o presidente e o vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Celebradas as eleccións e ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra segundo o disposto no artigo 31.3º do Decreto 63/2002, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria, trala proposta do Consello regulador electo en pleno, e conforme as atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desígnase presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra a José Manuel Rodríguez González.

Artigo 2º

Desígnase vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra a Pedro Gómez Zunzunegui.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural