Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 210/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Moeche, do lugar de Pereiro (parroquia de San Xurxo de Moeche) ó lugar de San Ramón (parroquia de San Xoán de Moeche).

Por acordo do Concello de Moeche do 19 de xullo de 2002, e de conformidade co establecido nos artigos 48 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, tramitouse expediente de cambio de capitalidade deste concello, do lugar de Pereiro (parroquia de San Xurxo de Moeche) ó lugar de San Ramón (parroquia de San Xoán de Moeche).

Así, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Primeiro.-Estima-la petición de cambio de capitalidade formulada polo Concello de Moeche, por considerar que queda acreditado o establecido no artigo 51 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, pasando do lugar de Pereiro (parroquia de San Xurxo de Moeche) ó lugar de San Ramón (parroquia de San Xoán de Moeche).

Segundo.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación; ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais