Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002 pola que se fai pública a convocatoria 2002-2003 para a celebración de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas galegas de carácter profesional.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) fai pública a convocatoria 2002-2003, para a celebración de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas de carácter profesional.

Esta convocatoria ten por obxecto a celebración entre o IGAEM e as compañías ou empresas galegas de teatro que xustifiquen documentalmente a súa profesionalidade, de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais propostos pola compañía. Cada compañía presentará un programa correspondente á/as obra/s que pretende producir e/ou distribuir durante o ano 2002-2003.

O orzamento máximo que se distribuirá será de 601.011 euros.

O prazo de presentación dos proxectos será dun mes contado a partir o día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

As bases da presente convocatoria están depositadas no Rexistro do IGAEM, pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes

Escénicas e Musicais