Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 pola que se fai pública a súa constitución para a VI Lexislatura do Parlamento de Galicia.

A Presidencia da Xunta Electoral de Galicia, en cumprimento do Decreto 158/2002, da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG nº 87, do 7 de maio), procedeu ó nomeamento dos membros integrantes da Xunta Electoral de Galicia.

Deste xeito dáse contido ó disposto no artigo 15 da Lei autonómica 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, onde se establece que os nomeados por decreto, ó comezo de cada lexislatura, permanecerán no exercicio do seu mandato ata a toma de posesión da nova xunta electoral.

Na súa virtude, e ó abeiro do disposto no artigo 18.6º da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, e en execución do acordo adoptado pola Xunta Electoral de Galicia na reunión do día de hoxe, esta presidencia resolveu declarar:

O día 13 de maio de 2002 constitúese a Xunta Electoral de Galicia cos seguintes membros:

Presidente: Jesús Souto Prieto, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1º a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto).

Vicepresidente: Juan Carlos Trillo Alonso, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1º b)).

Vocais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1º c)):

Francisco J. D'Amorín Viéitez.

Juan Luis Martínez López.

Antonio J. Outeiriño Fuente.

Vocais: profesores en activo das facultades de Dereito de Santiago de Compostela e A Coruña (artigo 14.1º d)):

Antonio Xabier Ferreira Fernández.

Ángel Gómez Iglesias Casal.

Jesús Martínez Girón.

José Antonio Portero Molina.

Secretario: José Ramón Cólera Leirado. Letrado maior do Parlamento (artigo 15.2º).

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 13 de maio de 2002.

Jesús Souto Prieto

Presidente da Xunta Electoral de Galicia

Visto e prace

José Ramón Cólera Leirado

Secretario da Xunta Electoral de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA