Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.821

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xuño de 2002 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, levada a efecto pola Orde do 28 de agosto de 2001 (DOG nº 170, do 3 de setembro) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, publicada no DOG nº 112, do 12 de xuño, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo e publicala como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que figuren no dito anexo deberán remitir, no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral de Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior

de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados

Promoción interna:

NomeDNI1ª proba2ª proba3ª proba4ª proba5ª proba6ª probaTotal

Álvarez López, Javier3331335117,513Exento19202079,51

Acceso libre:

NomeDNI1ª proba2ª proba3ª proba4ª proba5ª proba6ª probaTotal

López Miño, Antonio Manuel32810517242,7Exento26261997,7

Abuín Flores, Carlos33332133262,51Exento22261894,51

Vilas Álvarez, David Segundo36129703183Exento18,7523,52689,25

Costas Núñez, Juan Ramón3279680319,52,8Exento17,512224,586,31

Nieto Tejerina, María Pilar3282246618,52,51Exento17,51182076,52